Actas de laboratorio

As actas do laboratorio, na súa serie sen transcribir nada

Cada solicitude de ensaio leva un código de seguimento. Cando o laboratorio envía a acta, softQrate asígnaa á súa obra e Qate le os resultados e cárgaos na serie que corresponde.

Do correo do laboratorio á serie

As actas deixan de vivir na caixa de entrada. O laboratorio envíaas ao buzón de softQrate, o código de seguimento asígnaas á obra e á localización, e o PDF queda arquivado xunto ao resultado.

  • Asignación automática por código de seguimento.
  • Só se importan actas dos laboratorios, centrais e contactos da obra; o resto pasa a revisión.
  • A acta orixinal sempre queda anexa ao resultado.

Qate le a acta por ti

Qate, o asistente de softQrate, extrae datas, idades e resistencias da acta e cárgaas na súa serie. Se un dato non é fiable ou non ten sentido, non o escribe e déixacho para revisar.

Pagas só o que automatizas

Subir as actas e pasar os resultados a man é gratis. Cada serie automatizada custa 2 €, e o teu plan inclúe unha cota anual gratuíta de 20 series en Individual e de 30 por usuario en Teams. As series dunha obra pódeas pagar a propiedade ou o laboratorio co seu propio número de pedido.

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Próbao na túa
próxima obra.

A túa primeira obra é gratis durante dous meses, con 15 actas de laboratorio incluídas. Sen tarxeta e sen permanencia.